Terras de Santiago » Boqueixón
Este centro de interpretación ofrece visitas guiadas coas explicacións apoiadas nos paneis ilustrativos que están distribuídos por todo o centro.
Explícase a orixe e formación do Pico, lendas, importancia relixiosa, relación coa cultura xacobea e referencias literarias que se atopan sobre o Pico.
Tamén cabe a posibilidade de ver un vídeo sobre o Pico Sacro con contidos que complementan a visita.
Datas: De luns a venres
Horario: De 8:00 a 15:00 horas
Duración: Unha hora como máximo
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: 25 persoas