Desde o ano 2000 celébrase en Sobrado o 2º ou 3º fin de semana de agosto a "Feira da Troita", unha festa gastronómica que exalta este alimento
Agosto
2º ou 3º fin de semana
As Mariñas » Sobrado
Festas gastronómicas
Sobrados dos Monxes
Nesta localidade onde nacen o río Mandeo e o Tambre pódese degustar durante toda a fin de semana a 'receita á montañesa' das troitas, fritidas con raxas ou liscos.
Esta festa gastronómica ten unha ampla programación, entre a que destaca o Festival Musical e Intercultural da Xuventude. Son concertos que comezan o sábado ás dez da noite e no que se pode gozar e bailar coa música máis punteira do panorama galego.
Outra das actividade que se ofrecen dentro deste programa é a Carreira popular Corre Troita. Un total de 7,5 kilómetros de percorrido polo Concello de Sobrado.