Zona de Especial Conservación (ZEC)
Espazos naturais
Ferrolterra e Eume » San Sadurniño
Os concellos pertencentes a Ferrolterra (Neda, Narón, San Sadurniño, Moeche, As Somozas, As Pontes e A Capela) comparten esta Zona de Especial Conservación coñecida como Xuvia-Castro, de aproximadamente dúas mil hectáreas, no que se encontran por unha banda, o tramo do río Grande de Xuvia e o seu afluente o Castro, que desembocan na Ría de Ferrol, e por outra banda, a Serra de Forgoselo con vistas impresionantes As Pontes e as Rías de Ferrol e Ares desde o Pico de Racamonde (537 m). Este sistema fluvial foi incorporado á Rede Natura 2000 no 2001 debido o bo estado de conservación de flora sobretodo a base de bosques de robles e castiñeiros e fauna nos seus lagos naturais.