Carballo por Etapas

Carballo celebra a sétima edición desta ruta gastronómica de tapas que ademais reparte centos de agasallos
Costa da Morte » Carballo
31 Maio a 02 Xuño

Carballo por Etapas cumpre sete anos levando o mellor da gastronomía local aos padais de centos de veciños e visitantes que acoden aos bares, tascas e restaurantes da vila para gozar dos nosos produtos. Por dous euros a tapa poderemos probar as delicias do mar con bacallau, gambóns, polbo, mexillóns chipiróns ou atún Calvo; e da terra con solombo de porco, polo, vaca, verduras frescas, xamón ou as nosas saborosas patacas, entre outros moitos manxares. As datas: o 31 de maio e 1 e 2 de xuño de venres a domingo.

Os horarios: venres de 20.00 a 22.00 horas e sábado e domingo de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. Ademais, grazas á colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños, haberá un tren turístico percorrendo a ruta durante os días de Carballo por Etapas, con paradas diante de todos os bares participantes. Escollede a vosa tapa favorita, e a probar!

+info:

Galego