Clausura PicoTeo 2017

O programa da clausura conta coa colaboración da Consellería de Medio Rural e Calidade Agroalimentaria e a dos Consellos Reguladores dos produtos certificados galegos, tanto os viños (D.O. Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra), como os queixos (D.O.P. Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro), como o I.X.P Tenreira galega, Pataca galega, Pan de Cea, Mexillón de Galicia, Mel de Galicia, Castaña de Galicia e Augardentes e licores tradicionais de Galicia.
O programa dos eventos enogastronómicos da Clausura do PicoTeo 2017 contará coas seguintes actividades:
- Percorrer Galicia a través dos seus viños, dende dentro da copa. A cargo da catadora Mercedes González (máx. 50 persoas)
- Xornada demostrativa culinaria onde se realizarán elaboracións con produtos amparados baixo as D.O. e I.X.P. galegas en harmonía de sabores cos viños galegos. (máx. 30 persoas)
- Cata comentada dos catro queixos con D.O. galegas e elaboracións culinarias. (máx. 40 persoas)
- Obradoiro de elaboración de pan (máx. 50 persoas)
(Para participar nestas actividades será preciso inscribirse nunha lista que se establecerá para tal fin, só conseguirán invitacións as persoas que se inscriban antes de esgotar as prazas previstas)
- Tamén se publicarán os resultados dos Sorteos PicoTeo 2017.