Festa do Foxo dos Lobos

Unha festa única na que os turistas poden participar e coñecer un dos patrimonios etnográficos e inmateriais máis singulares da provincia da Coruña
Costa da Morte » Camariñas
27 Maio
11:00

FESTA TURISTICA O FOXO DOS LOBOS DE CAMARIÑAS

O domingo, 27 de maio na zona de Reira de Camariñas, celébrase esta segunda edición da festa do Foxo dos Lobos. A asociación Dequenquen, o concello de Camariñas e a Deputación da Coruña colaboran na realización deste evento que pon en valor un dos patrimonios inmateriais  e das construcións etnográficas máis singulares da provincia: o foxo dos lobos.

O foxo dos lobos da Costa da Morte, único da provincia da Coruña, é unha trampa para lobos do século XVI que ten como singularidade empregar como barreira natural o mar. Nesta festa recupérase coa recreación dunha batida de caza tradicional, un dos patrimonios inmateriais vinculados ás zonas rurais e a unha figura mítica como é o lobo. Estas batidas son traballos comunitarios organizados que realizaban a cidadanía das parroquias baixo a dirección dunha persoa experta na caza empregando a trampa do foxo dos lobos. Nesta recreación pode participar calquera persona que o desexe.

Neste ano contamos coa presenza e música en directo dunha delegación do concello francés de La Turballe, concello irmandado con Camariñas,

Aconséllase:
- Reservar prazas no bus gratuíto chamando ao 659 269 615.
- Para participar na recreación, pódese vir vestido de labrego ou labrega e con algún elemento para facer barullo (cacerolas, pandeiros...).
- Pode disfrutar da súa comida na zona compartindo a música e participando nesta comida campestre tradicional.

Esta festa reivindica a protección do lobo, un animal mítico e protexido que aínda sobrevive na Costa da Morte, visibilizando unha das construcións etnográficas únicas na provincia da Coruña.

PROGRAMA. Domingo 27 de maio

11:00 saída do bus dende a praza do Concello (prazas limitadas)

11:30 Inicio da Festa. Presentación comic A Filla do Lobo

12:30 Recreación Batida do lobo coa participación do público

13:30 Alboroque. Comida campestre con música. Desfrute da súa comida nun marco incomparable

Máis información no tfn. 659 269 615 ou no correo turismo@camarinas.net

 

 

Galego