Goza do Ulla 2017: As Tres Cruces

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Tres Cruces", do programa Goza do Ulla 2017 o sábado, 14 de outubro.
Trátase dun roteiro circular que transcorre pola beira do río Ulla, até chegar a un Vía Crucis marítimo-fluvial situado na punta de Trececruces, na ladeira do monte Palleiro. Percorrerase a desembocadura do río Ulla pola ribeira pertencente ao concello de Rianxo, que permitirá ollar a outra marxe pertencente aos concellos de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a illa de Cortegada e a Ría de Arousa. O roteiro continuará das Tres Cruces até as Cercas, seguindo polo lugar de O Souto até chegar ao punto de partida no lugar de Quintáns.
As inscricións pódense facer ata o venres, 13 de outubro ás 12:00 do mediodía no teléfono 667 185 576 e no correo-e turismo@concelloderianxo.gal
Máis información de Rianxo nas páxinas webs do concello, na de turismo e no perfil oficial de Facebook.