Iluminación da fervenza do Ézaro

Esta Semana Santa, comeza a tempada 2018 de iluminación da fervenza do Ézaro
Iluminación Fervenza do Ézaro
Iluminación Fervenza do Ézaro
Costa da Morte » Dumbría
29 Marzo a 31 Marzo
O Ézaro, Dumbría

A Fervenza do Ézaro, situada no Ézaro (Dumbría) é un espectáculo en altura. O río Xallas tamén coñecido como Ézaro impregna e determina todo o carácter do concello de Dumbría. Atravésao de norte a sur, ata desembocar na súa máxima expresión en forma de fervenza directamente sobre o océano Atlántico.

Antes de converterse en fervenza é retido por catro encoros. No último tramo, o río ten un desnivel de 155 metros e a altura da fervenza é de 40 metros. Unha paisaxe única!!

A fervenza do Ézaro pode verse con auga os 365 días do ano e durante as 24h do día. A iluminación nocturna arranca a tempada do 2018 en Semana Santa. As noites do Xoves Santo, 29, o Venres Santo, 30, e do sábado 31 de marzo pódese gozar deste espectáculo de 22:00 a 23:00h.

#DumbríaéTurismo #DumbríaéÚnica