Lúa Chea no Barbanza, Autocine na Pobra do Caramiñal

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte presenta LÚA CHEA NO BARBANZA, unha proposta de autocine que se levará a cabo nos catro concellos de Arousa Norte ao longo dos meses de Xullo e Agosto.
Barbanza-Arousa » A Pobra do Caramiñal
21 Agosto a 22 Agosto

Esta proposta estará presente nos catro concellos de Arousa Norte dende o 3 de xullo ata o 21 de agosto e contará con catro sesións en cada un dos concellos: Cinema Actual, Cinema Familiar, Cinema Clásico e Cinema Galego. As catro concellerías de cultura de Arousa Norte encargáronse de presentar cada unha das programacións: María Outeiral (Concello de Boiro), Mariola Sampedro (Concello de Ribeira), Raquel García (Concello de Rianxo) e Patricia Lojo (Concello da Pobra do Caramiñal).

Autocine Lúa Chea no Barbanza estará no concello da Pobra do Caramiñal, na explanada portuaria do aparcadoiro o venres 21 e o sábado 22 de agosto cos seguinte pases: 

VENRES 21 DE AGOSTO

  • 20:30 h La vida es bella (Cinema Clásico)
  • 23:30 h Eroski Paraíso (Cinema galego)

SÁBADO 22 DE AGOSTO

  • 20:30 h Pérez, o ratonciño dos teus soños (Cinema familiar)
  • 23:30 h Bohemian Rapsody (Cinema actual)

As entradas serán de balde e para acceder a cada unha das películas é preciso rexistrase no enlace barbanzarousa.gal.

Galego