Mostra do Encaixe de Camariñas

Dende 1981, cada Semana Santa, celébrase "A Mostra do Encaixe de Camariñas", certame comercial e cultural de ámbito internacional, declarado de Interese Turístico de Galicia.
Este evento logrou dinamizar o sector do encaixe, propiciando o uso dos "Encaixes de Camariñas", no enxoval doméstico e a súa inclusión no sector da moda. Foron e van seguir sendo os desfiles de "Grandes Deseñadores" e o "Concurso de Deseñadores Noveis" os que apostan por tal fin.
Dentro do recinto feiral, o visitante, entre outras actividades, atoparase con exposicións, demostracións ao vivo e venda de encaixe elaborado en diversas partes do mundo.
Ademais, vai poder disfrutar doutras artesanías nas cales se aplicou o encaixe de Camariñas. Pero, sen lugar a dúbidas, as verdadeiras estrelas deste coñecido evento son as "Escolas Infantiles de Palillo", que día a día fan demostracións da súa arte.
A presente edición da "Mostra do Encaixe" celebrarase en Camariñas do 17 ao 21 de abril de 2019.
Programa e máis informacion aquí.