Noite das Pepitas

A Noite das Pepitas, Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase a noite do luns, 18 de marzo. Dende 1903, a véspera do festivo de San Xosé reúnense as rondallas de Ferrol: bandas de instrumentos de corda ataviadas con traxes similares aos dos tunos, que percorren as rúas da cidade cantando os encantos da muller ferrolá.
A programación do evento é a seguinte:
17.00 horas.- Acto institucional no Teatro Jofre
Homenaxes con motivo da Noite das Pepitas, actuacións musicais e intervencións oficiais dos organizadores e participantes do evento.
18.00 horas.- Rondas polas rúas
Saídas das Rondallas dende o Teatro Jofre, ao remate do acto, cantando polos percorridos establecidos polas rúas do centro da cidade.
20.00 horas.- Festival da Noite das Pepitas na Praza de Amboaxe.
Actuación musical conxunta das rondallas participantes ata as 23.00h.