Noite Romántica en Negreira

A asociación "Los pueblos más bonitos de España" e o Concello de Negreira presentan a Noite Romántica, unha data para celebrar o amor cun paseo por Ponte Maceira e nos restaurantes participantes de Negreira con gastronomía, música en vivo e sorteos.
Ponte Maceira, Negreira, Los pueblos más bonitos de España, Noite Romántica, noche, amor, parella, pareja, cea romántica, cena romántica, pasión, sorteo, gastronomía, comer en galicia,
Terras de Santiago » Negreira
15 Setembro a 22 Setembro

Dende a Asociación de "Los Pueblos más bonitos de España" e o Concello de Negreira, preséntase a "Noite romántica", que terá lugar o sábado 19 de setembro, un evento que se fará conxuntamente en tódalas localidades que conforman a devandita entidade.

En Negreira os actos inclúen:

- Unha cea romántica (con reserva previa) nos establecementos adheridos ao evento, na que as persoas participantes entrarán no sorteo dun premio consistente nunha noite no albergue con encanto da Granxa Escola Medioambiental de Bergando.

- Os establecementos participantes terán unha pequena actuación musical no exterior durante a Noite Romántica e prepararán pratos especiais para a cita. Os locais participantes son:

  • Restaurante Casa Barqueiro: 981 81 82 34
  • Restaurante A Mezquita: 636 12 96 91
  • Cervecería O Cotón: 981 88 59 35
  • Tapería A Esmorga: 981 93 66 64
  • Parrillada A Nosa Taberna: 981 88 62 10
  • Casa Néboa: 680 52 13 35
  • Restaurante O Rueiro (en Vilaserío): 981 89 35 61

- Tamén se realizará un concurso nas RRSS, no que as persoas que suban unha foto a Facebook ou Instagram posando en Ponte Maceira co cancelo #PonteMaceiraRomantica entrarán no sorteo dunha xoia conmemorativa.

 

- Os sorteos terán lugar o martes 22 de setembro, en Radio Negreira, a partir das 13:00 horas.

Galego