O encaixe no Camiño
Do 26 ao 28 de xullo, a vila de Camariñas vístese de medieval e énchese de actividades para recrear a chegada da tradición palilleira a Camariñas, así como a unión con Santiago mediante o seu particular tramo do Camiño.
O venres 26, a partir das 17:00, comeza o ambiente festivo coa apertura do mercado e dos postos medievais.
O sábado 27 ás 12:00, levarase a cabo a recreación da chegada do Rei Alfonso IX a Camariñas e o posterior paseo do Rei a cabalo por diferentes puntos do pobo. Un campamento de xogos populares e actividades na rúa a cargo das palilleiras serán outras das actividades deste día.
O domingo 28 ás 9:30, comeza o día coa recreación da camiñata que acompañará ao Rei Alfonso IX ata Cereixo, facendo paradas con representacións teatrais no pobo de Xaviña e na chegada a Cereixo. Para poder programar a volta a Camariñas en autobús é preciso inscribirse no correo luisdekecha@gmail.com ou chamando ao teléfono 667 022 972. Pola tarde, tralo desembarco no porto, terá lugar a representación teatral da chegada da dama Italiana que, segundo conta a lenda, ensinou a confeccionar o Encaixe en Camariñas. Ás 19:00, Desfile de Moda con Encaixe de Camariñas e actuación de Laura Sánchez.
O ambiente musical neses días estará amenizado polos grupos Vaiche Boa e Con toda en Banda.