O IX Víndemo Ver de Carnota vístese de principios do S.XX

A Mostra de Promoción Local de Carnota resalta valores como a cultura, tradición, música, artesanía, deporte ou gastronomía.
Cartel IX Víndemo Ver
Programación IX Víndemo Ver
Costa da Morte » Carnota
10 Abril a 12 Abril

O Concello de Carnota celebra este ano a IX edición do Víndemo Ver que terá lugar do 10 ao 12 de abril na praza de San Gregorio de Carnota. 

Ano tras ano, esta Mostra de promoción local converte a Carnota nun dos principais focos de atracción da Costa da Morte durante a Semana Santa.

Neses días, os visitantes atoparán neste evento unha gran variedade de produtos do agro, da horta, ecolóxicos e de proximidade. Tamén encontrarán un amplo abano de postos de artesanía e creadores locais, onde se poden adquirir pezas únicas de cerámica, cartón-pedra, vidro, tea, maderia e ata xoiería de autor; Ademáis, por segundo ano consecutivo, haberá unha zona adicada á gastronomía donde tendrán lugar showcookings y demostraciones de destacados cocineros de restaurantes de la zona. onde terán lugar showcookings e demostracións de destacados cociñeiros de restaurantes da zona.

O evento conta ademais cunha ampla oferta de actividades paralelas: eventos deportivos como a BTT ou a andaina, maxia e obradoiros para os máis cativos e pola noite terán lugar, a actuación “Raigame” por parte da Asociación Folclórica Ximiela o venres, e o sábado os concertos de “De vacas” e “A banda da Balbina”.

Este ano, como novidade, a feira estará ambientada nos comezos do século XX.

A praza do Concello converterase no escenario dun mercado de principios do século pasado. Para axudar a recrear este ambiente convidamos aos asistentes a que acudan caracterizados para a ocasión!

Galego