PicoTeo (3, 4 e 5 nov) - I Xornadas Enogastronómicas Culturais
O Concello de Teo está a celebrar as I Xornadas Enogastronómicas Culturais PicoTeo 2017 os próximos 27, 28, 29 de outubro e 3, 4 e 5 de novembro. A clausura destas xornadas será o 11 de novembro coincidindo ca Feira de San Martiño na carpa municipal.


Terras de Santiago » Teo
05 Novembro
Os protagonistas gastronómicos do Picoteo 2017 son os queixos, os viños galegos e o pan con certificacións de calidade das denominación de orixe (D.O.) e indicacións xeográficas protexida (I.X.P.) que serán combinados cos outros produtos galegos certificados.
Participarán 19 establecementos da hostaleira teense e a clausura destas xornadas será o 11 de novembro durante a Feira de San Martiño na carpa municipal cun programa de eventos enogastronómicos tales como:
- Cata comentada dos Queixos Galegos con IXP.
- Cata e maridaxe dos viños galegos con D.O.
- Show cooking de varios pratos con poldro, tenreira galega, pataca galega, mexillón de Galicia, etc.
Galego