A primeira edición de 'Paseo da la' terá lugar os días 10, 11 e 12 de xuño no Concello de Cabanas

O concello de Cabanas prepárase para a súa primeira edición do 'Paseo da la' do 10 ao 12 de xuño e que contara con diversas actividades arredor do mundo da la
Costa da Morte » Cabana de Bergantiños
10 Xuño a 12 Xuño
Concello de Cabana

O Paseo da la nace coa pretensión de ser a primeira feira internacional de la artesanal con Denominación de Orixe (D.O), un lugar de encontro das diferentes las de orixe España e do mundo.

O evento englobará diversas actividades que se realizarán no incomparable marco do Concello de Cabanas, berce das fiandeiras, que marcaron un antes e un despois no mundo lanar.

As localizacións e actividades levarannos ao mundo da la e das ovellas, pero sobre todo mostrarán a esencia da producción artesanal da la con D.O.

Na pasarela da praia da Madalena veremos as obras das persoas participantes esa fin de semana no evento.

Coincidindo co Día Internacional de Tecer en Público, habilitarase un espazo adicional para poder tecer en Público. 

Ademáis, 'El Mundo Teje' organiza a segunda edición do seu evento internacional de fala hispana para dar a coñecer empresas vinculadas á la e fomentar a economía circular. Este evento retransmitarase en directo durante toda a fin de semana a través de Zoom e Youtube e estará aberto ó público.