Roteiros "Descobre Cedeira"

Roteiro dos Tesouros, Roteiro de Santo André de Teixido, Roteiro Vila de Cedeira
Ferrolterra e Eume » Cedeira
16 Xullo a 17 Setembro
Cedeira

O concello de Cedeira organiza tres rutas de natureza guiadas pola contorna de Cedeira. Son os martes e xoves do 16 de xullo ao 17 de setembro de 2020. 

- Roteiro dos Tesouros: é unha andaina de dificultade baixa, que vai polo paseo da Madalena ata o faro de Robaleira por unha pista forestal. O horario é de 10 a 13 horas

 As datas son as seguintes: 21 de xullo, 28 de xullo, 11 de agosto, 25 de agosto e 8 de setembro.

- Roteiro de Santo André de Teixido: para esta ruta recoméndase levar vehículo propio porque vaise no coche ata a igrexa de Régoa e dende alí a pé (por pistas forestais) ata o santuario de Santo André de Teixido. O horario é de 10 a 15 horas. Recoméndase levar a comida.

As datas son as seguintes: 16 de xullo, 30 de xullo, 6 de agosto, 13 de agosto, 20 de agosto, 27 de agosto, 3 de setembro, 10 de setembro, 17 de setembro

- Roteiro Vila de Cedeira: é unha andaina de dificultade baixa que vai polo casco antigo en dirección a ermida de San Antón de Corveiro, castro de Sarridal, castelo da Concepción, porto pesqueiro e paseo marítimo. O horario é de 10 a 13 horas.

As datas son as seguintes: 23 de xullo, 4 de agosto, 18 de agosto, 1 de setembro, 15 de setembro.

Material recomendado: calzado de monte, bastón, auga, froita e chuvasqueiro.

Todas as rutas sairán desde a Oficina de Turismo. Actividade gratuita.

Información e inscrición: Oficina de Turismo 

mar.lopez@cedeira.es /  981482187