RUTA XACOBEA POR MAR EN VELEIRO

Navegar por parte da Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla
Barbanza-Arousa » A Pobra do Caramiñal
19 Marzo a 26 Abril

A Pobra é unha vila mariñeira con porto de orixe xacobeo. De feito na Idade Media, o porto da Pobra era un referente para o desembarco dos peregrinos. Hai referencias que revelan que oubo ata tres hospitaliños de peregrinos na vila. Na actualidade conservase un.

No día 19 de marzo de 2020 comezaran as rutas en veleiro para navegar por parte da Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla, a cal conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Palestina ata Iria Flavia.

Unha ruta de gran riqueza paisaxística e cultural. No seu transcurso pola ría da Arousa verase a costa de Boiro, Rianxo, a Illa de Arousa, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Praias, calas, cabos, enseadas, pontes e parte dos cruceiros que pertencen ó único viacrucis marítimo-fluvial do mundo.

E haberá máis viaxes: 28 e 29 de marzo; no mes de abril: 4 e 5; na Semana Santa, dende xoves ata domingo, 9, 10, 11, e 12; e nas fins de semana, 18 e 19, 25 e 26.

É unha travesía guiada de 6 horas. Pararase en Vilagarcía para comer. Sairase ás 11.00 h do porto náutico da Pobra e regresarase sobre as 18.00 h. Viaxarase en grupos reducidos: como máximo 10 persoas poden ir en cada viaxe.

O lugar de venda dos tíckets será o punto de información turística, situado, de momento, no Museo Valle-Inclán, de martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 h.

Os prezos por persoa son de 12€ e, os/as nenos/as menores de 12 anos, 8€. As familias con máis dun/dunha nena terán desconto. É preciso o pagamento coa tarxeta.

No suposto de ir mal tempo, adiarase a viaxe para outro día.

Encontrará máis información na web www.turismo.gal, escribíndonos a turismo@apobra.gal ou chamándonos ó 671 090 262.

É un proxecto cofinanciado pola Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, que promove, organiza e financia a Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal, anticipándonos ó Xacobeo 2021.

Galego