Rutas guiadas de balde polo Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes

A Aula do Mar de Mera ofertará rutas guiadas de balde polo Monumento Natural Costa de Dexo- Serantes durante os meses de verán.
A Coruña e As Mariñas » Oleiros
26 Xuño a 30 Setembro
Monumento Natural Costa de Dexo

A “Aula do Mar”, antiga casa do fareiro situada entre os faros de Mera, onde se atopa o Centro de Recepción de Visitantes e Centro de Interpretación do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, retomará a partir deste vindeiro sábado 26 de xuño o servizo de rutas guiadas interpretativas polo espazo natural protexido. 

Trátase dun servizo de balde e con prazas limitadas, mediante o cal aquelas persoas que o desexen poderán coñecer diferentes tramos da Costa de Dexo-Serantes acompañadas dunha guía que lles amosará os valores naturais, culturais e etnográficos deste fermoso tramo de costa. Durante os meses de xullo, agosto e setembro as rutas terán lugar os xoves e os sábados ás 11h.

As persoas interesadas poden solicitar máis información, así como inscribirse chamando ao teléfono da Aula do Mar (981 61 81 54) no horario de atención ao público do centro (de luns a venres: 10:00h-14:00h/16:00h-19:30h, e sábados e domingos: 10:00h-14:00h/16:30h-20:00h).