TOURO A ESCENA POLO NOVEMBRO E DECEMBRO

Seguimos con Touro a escena! Un programa especialmente deseñado para un público familiar e a excusa perfecta para gozar en Touro das artes escénicas na nosa lingua.
TOURO A ESCENA POLO NOVEMBRO E DECEMBRO
Terras de Santiago » Touro
13 Novembro a 23 Decembro

En novembro Dani Polo sorpréndenos con Enmaxiarte, un dos espectáculos revelación no mundo da maxia e Félix Rodríguez con Fran Rei agasállannos cun espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo Saaabor!

Decembro festeiro! O comezamos cun concerto de Nadal moi especial Os Apalpadoriños con Álvaro Cardalda, lago Prieto, Nelson Quinteiro e Yohel Santos, entre outros/as. E rematamos cun espectáculo baseado no libro-cd A voar. Un conto para soñar con música para brincar de Cê Orquestra Pantasma

 

PROGRAMACIÓN:

NOVEMBRO

Venres 13 ás 15 h              ENMAXIARTE

Un show completamente novo, con efectos máxicos realmente asombrosos e unha posta en escena de alto nivel para toda a familia onde se mesturan diferentes elementos, maxia participativa, humor e ilusións de gran impacto con Dani Polo

 

Venres 27 ás 17 h              SAAABOR!

Félix Rodríguez e Fran Rei convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

 

DECEMBRO

Venres 18 ás 17.30 h         OS APALPADORIÑOS

Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3m. de alto aos que acompañan Os Apalpadoriños, elfos rústicos e axudantes destes personaxes

 

Mércores 23 ás 17 h                A VOAR

Ao son do seu enerxético ritmo, Cê Orquestra Pantasma pretende axudar as nenas e nenos a reivindicaren a confianza necesaria para satisfaceren as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre; así pois, rapazada... a voar!!

Ditos espectáculos terán lugar na Casa da Cultura e a celebración dos mesmos adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19 e o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto previa inscrición. Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.

Galego