VI Xornadas micolóxicas de Zas

Un ano máis, e coa chegada do outono, os cogumelos son os protagonistas desta estación e tamén no concello de Zas
Costa da Morte » Zas
16 Novembro
09:30

Unha das citas xa ineludibles do outono no concello de Zas son Xornadas Micolóxicas, organizadas pola Asociación de Veciños de Loroño coa colaboración do Concello e da Pizzería Tívoli.

Este ano a cita prevista é o sábado 16 de novembro, cun día completo que incluirá charla, saída, xantar e presentación e identificación de exemplares recollidos e comentarios sobre a saída no propio restaurante. Un xeito moi práctico de coñecer da man dun experto, como é Tomás Rodríguez Novoa, o ponente deste ano, os tesouros gastronómicos dos bosques do concello de Zas.

A xornada terá os seguintes horarios:

09:30 Charla inicial sobre cogomelos

10:00 Saída a campo para recolección de exemplares

13:30 Volta do campo

14:00 Xantar a base de cogomelos (opcional)

16:00 Presentación e identificación de exemplares recollidos e comentarios sobre saída no propio restaurante.

17:30 Fin das xornadas

O prezo da xornada ten un custo de 6€ (para os menores de 15 anos é gratuita) e conta con prazas limitadas.

Pero ademais, a asociación de veciños tamén quere dinamizar esta xornada cun par de concursos.

- Por unha banda, o IV Concurso de Fotografía Micolóxica, para o que xa están publicadas as bases, e que ten de prazo de presentación ata o 15 de novembro enviando as túas fotos a concursomicoloxia@gmail.com.

- Por outra banda, o IV Concurso de Debuxo Micolóxico. Tamén con prazo ata o 15 de novembro para que os máis pequenos da casa poidan enviar os seus debuxos de papel tendo en conta as seguintes bases.

Galego