A degustación de Vaca Cachena en Bembibre, dá a oportunidade de catar unhas das carnes mellor valoradas nas cociñas do noso país
Abril
Fin de semana inmediatamente anterior á Festa da Empanada
Terras de Santiago » Val do Dubra
Festas gastronómicas
Bembibre
Produto:
Vaca Cachena
Dentro da programación de festas que se leva a cabo en Bembibre, no Val do Dubra, para recibir a primavera, lévase a cabo unha degustación de carne de vaca cachena, ademais de variadas actividades relacionadas cos xogos tradicionais, actuacións musicais, etc
A cachena, raza bovina autóctona, é hoxe en día un produto de grande calidade que ten unha carne moi valorada nas mellores cociñas.