Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada

Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada, de Cariño lévase a cabo cada ano na Praza Roxa do concello
Agosto
1º sábado
Ferrolterra e Eume » Cariño
Festas gastronómicas
Cariño
Produto: 
Sardiña
Ano primeira edición: 
2002

A Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada lévase a cabo cada ano na Praza Roxa de Cariño. 
O Concello cariñés conta coa colaboración da Asociación de Amas de Casa da localidade e da entidade Amigos de San Xiao do Trebo para organizar a consolidada cita.
Unha xornada na que todo o protagonismo recae nun produto exclusivamente cariñés, a sardiña lañada. A receita de elaboración gárdase con celo por parte das familias de peixeiras, que prepararán para esta cita caldeirada de raia e sardiñas lañadas, que se poderán acompañar con diversos viños galegos.