Festa da Xiba

Os locais participantes elaborarán tapas que repartirán de maneira gratuíta durante o fin de semana que dura a festa gastronómica.
Maio
Último fin de semana. Venres, sábado e domingo
As Mariñas » Sada
Festas gastronómicas
Sada
Produto: 
Xiba
Ano primeira edición: 
2010

Cada establecemento hostaleiro participante poderá presentar unha tapa ao concurso, sendo esta totalmente gratuíta previa consumición no local. Establécense tres premios para a mellor tapa. O da votación do público que deguste as tapas, o da votación dun xurado profesional e o das votacións no facebook 'Es de Tapas Se...'

A organización establece ademais diversos premios para o público que participe nas votacións da mellor tapa.