Esta fortaleza medieval, situada ao pé da estrada da Coruña a Fisterra, ten forma poligonal irregular con catro torreóns orientados aos catro ventos.
A torre, situada ao leste, ten unha pequena porta de acceso a nivel do patio pola que se baixa ó soto do torreón; é a de maiores dimensións e conserva a cantería máis antiga. A torre máis alta é a sur; a principal, ou da homenaxe, que domina o acceso ao castelo. Dando ao patio atópase unha edificación en forma de L,que apoia nas murallas e torreóns norte e leste. Todas as murallas do castelo están rematadas por elegantes ménsulas que soportan as ameas e permiten a existencia de matacáns.
As últimas intervencións, sendo propiedade da Deputación da Coruña, proxectounas e dirixiu o arquitecto Luís Gorozarri del Valle.
O primeiro fin de semana do mes de xullo celébrase neste lugar o Asalto ao Castelo, un festival onde se rememoran as Guerras Irmandiñas.
HORARIO:
Reapertura a partir do 5 de xuño de 2020
Do 5 ao 15 de xuño: aberto de martes a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h.
A partir do 16 de xuño ao 15 de setembro:
Aberto de martes a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 20:30h
Máis información:
Teléfono de atención a visitantes (de luns a venres): 981 716 001 (ext. 1235)
Coa colaboración del Concello de Vimianzo
INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS:
- A entrada aos recintos deberá realizarse con máscara, que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
- Deberán gardarse as normas de distanciamento e respectar o aforo máximo indicado para o recinto.
- Na páxina web figurará o aformo máximo indicado para cada centro.Empregarán xel hidroalcohólico que estará a súa disposición.
Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto.
Información adicional: Servicio de Patrimonio de Contratación. Tlf: 981 080 314 / 981 080 300