Torres do Allo

O Pazo das Torres do Allo, situado no Concello de Zas, é un dos pazos máis antigos de Galicia.
Torres do Allo
Torres do Allo
Patrimonio provincial
Costa da Morte » Zas

O Pazo das Torres do Allo, situado no Concello de Zas, é un dos pazos máis antigos de Galicia, remontándose a súa construción a finais do século XV. Na súa visita poderemos ver un exemplo da vida nobiliar da alta idade media. Este edificio foi contruído pola familia Gomes de Rioboo, vasalos dos Condes de Altamira.

O edificio está situado nun terreo, no que hoxe en día existe unha explotación de maceiras. O exterior está rodeado de prados e piñeiros. Chégase por unha estrada de falsos plátanos e carballos ata unha praza na que se atopa o portal de entrada ao recinto amurallado. Está composto por dúas torres de tres alturas unidas polo núcleo do edificio de só dúas plantas.

Visita gratuíta.

HORARIOS:

https://www.dacoruna.gal/patrimonio/torres-do-allo/

https://torresdoallo.gal/es/