ARQUEOLÓXICO DO BORNEIRO R-1

Ruta de sendeirismo
Costa da Morte » Cabana de Bergantiños

Lonxitude (km): 10

Dificultade: Media

Circular:

Acceso: A pé

Punto de partida: Castro A Cidá de Borneiro

GPS inicio: 43.194745, -8.952407

Punto de chegada: Castro A Cidá de Borneiro

GPS final: 43.194745, -8.952407

Puntos de interese: Miradoiro da Fernandiña de 371 m e con vistas da Enseada da Ínsua e todas as parroquias de Cabana de Bergantiños e a comarca – Castro ou Castelo A Cidá de Borneiro que destaca pola grandeza das súas murallas e parapetos – Casa do pintor M. Lema Otero gañador en 1982 do 1º Premio de Arte Naïf ou Inxenuista Galega coa obra “A batalla do Ebro” – Cruceiro do Sacramento – Reitoral e Igrexa de San Xoán de Borneiro dos s. XVI e XVIII – Capela do Briño do s. XVI e retocada no s. XVIII – Dolmen de Dombate, conxunto funerario de finais do Neolítico composto por “Dombate Antigo” e “Dombate Reciente” – Castro “A Cidá” de Borneiro – Rego dos Muíños do Roncaduiro

Observacións: Roteiro sinalizado.