Ferrolterra e Eume » Mañón
Visita ao punto máis setentrional da Península Ibérica e ao Coído de Bares, porto de orixe fenicia segundo autores. A espectacular paisaxe, que resulta ser ademais punto de encontro entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico, non deixará a ninguén indiferente.
Durante esta visita poderase contemplar distintas variedades de aves, xa que se trata dun punto de paso dunha grande diversidade de aves migratorias así como o Faro de Estaca de Bares, un faro construído no ano 1.846 nunha das paraxes máis máxicas da costa norte.
Datas: Baixo petición. De luns a sábado
Horario: Baixo petición
Duración: 1 ruta para 1 día
Guía: Si
Prezo:
- Entre 40 e 50 escolares: 4 € / escolar.
- Entre 30 e 40 escolares: 5 € / escolar.
- Entre 20 e 30 escolares: 6 € / escolar.
- Entre 10 e 20 escolares: 7 € / escolar.
- Entre 5 e 10 escolares: 15 € / escolar.
- Menos de 5 escolares: 30 € / escolar.
Nº de prazas: Sobre 50 escolares