Centro de Interpretación dos muíños de auga da Costa da Morte

Costa da Morte » A Laracha

Neste museo o visitante descubrirá o enxeño dos nosos antepasados para obter da natureza fontes de enerxía que facilitasen o seu traballo e mellorasen a súa calidade de vida. Por medio de fotografías, mapas, documentos, textos e pezas reais de muíños poderás coñecer como era o seu funcionamento e os diferentes tipos que existen en Galicia. 

Hai que destacar que no recinto pechado no que se sitúa o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte, hai unha ampla área axardinada con parque infantil, polo que o lugar é ideal para as visitas de escolares. O edificio atópase ademais nunha zona rural, situada xunto ao val do río Acheiro. 

Ademais, para complementar a visita ofrécese a posibilidade de desprazarse ata o paseo fluvial do río Anllóns e poder coñecer o interior e o funcionamento dos restaurados muíños da auga que alí se atopan.

Datas: Baixo petición

Horario: Baixo petición

Duración: Unha hora aproximadamente

Guía: Si

Prezo: De balde

Nº de prazas: De 25 a 50 escolares