Complexo Cabo Ortegal

Ferrolterra e Eume » Cariño

O territorio que abrangue o Complexo do Cabo Ortegal está integrado nun proxecto para ser considerado 'Xeoparque Mundial Unesco'. Estamos ante unha área cunhas características únicas onde as distintas formacións xeolóxicas presentes no territorio forman parte dun dos terreos alóctonos máis completos que existe do Orogeno Varisco en Europa. 

Situado pois, nun escenario único, atopámonos tamén cos cantís máis altos da Europa continental, con 613 metros sobre o nivel do mar. 

A visita a este macizo rochoso singular situado na Serra da Capelada, ofrece a oportunidade de contemplar afloramentos formados por rocas ultrabásicas, serpentinitas, ecloxitas, gneis bandeado, peridotitos, calcedonia... etc. Considéranse as máis antigas da Península e as cuartas do planeta, formadas fai 1.160 millóns de anos.

 

Datas: Baixo petición. De luns a sábado

Horario: Baixo petición

Duración: 1 ruta para 1 día

Guía: Si

Prezo: 

• Entre 40 e 50 escolares: 4 € / escolar.
• Entre 30 e 40 escolares: 5 € / escolar.
• Entre 20 e 30 escolares: 6 € / escolar.
• Entre 10 e 20 escolares: 7 € / escolar.
• Entre 5 e 10 escolares: 15 € / escolar.
• Menos de 5 escolares: 30 € / escolar.

Nº de prazas: Sobre 50 escolares