O Espazo Natural de Traba está composto por unha estreita lagoa costeira, moi rica en flora e fauna, un cordón dunar e unha praia de preto de 2 quilómetros de lonxitude. Todo o conxunto, asentado no Val de Traba, está rodeado polas formacións montañosas ou penedos de Traba.
O valor medioambiental do conxunto foi oficialmente recoñecido ao ser declarado no ano 1990 "espazo natural". Nel pódense atopar gran variedade de especies animais e vexetais características destes biotipos. Pero se por algo desperta especial interese o Espazo Natural de Traba é pola gran variedade de especies inusuais que a visitan durante os movementos migratorios.
O proceso de formación dunha lagoa costeira, as fases de formación dun cordón dunar, a ornitoloxía e os refuxios de pesca e caza son só algúns exemplos dos temas que se tratarán durante a visita guiada.
Datas: De luns a venres, con dispoñibilidade de fin de semana baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: 2 horas
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: Sen límite