A través desta actividade faremos un percorrido polos barrios históricos de Ferrol (Ferrol Vello e Barrio da Magdalena) visitando os puntos e monumentos principais nos que coñeceremos que a historia está ligada non só aos homes que os habitaron senón tamén ás mulleres, famosas ou anónimas, ferroláns ou visitantes, todas elas forman parte da intrahistoria, da tradición e da vida que hoxe coñecemos.
Para poñer en valor a súa aportación falaremos delas, das carboeiras do porto, das descargadoras, das lavandeiras e as augadoras e tamén de raíñas, científicas, escritoras e intelectuais.
Todas elas merecen ser coñecidas e valoradas polos adultos pero sobre todo polos pequenos e pequenas para poder progresar en igualdade.
Datas: Baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Dúas horas aproximadamente
Guía: Si
Prezo: 2,50€ por escolar
Nº de prazas: Sobre 50 escolares
CONTACTO DIRECTO CON FERTUR
Teléfono: 696531070
Correo electrónico: ferturguias@yahoo.es