A Fraga dos Casás é un dos últimos redutos do bosque atlántico autóctono. Está situado xunto ao Río Mera, entre as Fragas do Eume e as Grañas do Sor. Nel podemos apreciar a súa riqueza e variedade arbórea: teixos, carballos, castiñeiros, cerdeiras, xibardas, sanguiños...
Agochadas na fraga existe unha grande variedade de especies ornitolóxicas que amenizan o lugar cos seus cantos e a variedade micolóxica fai desta fraga un destino ideal para as persoas amantes dos cogomelos.
Durante a visita tomarán moito protagonismo os variados restos antropolóxicos como as foias do carbón ou as covas dos ourizos. Un hábitat natural que nos traslada a tempos pasados. Moi recomendable para amantes da natureza.
Datas: de luns a domingo
Horario: baixo petición
Duración: media xornada ou xornada completa
Guía: Si
Prezo: de balde
Nº de prazas: sobre 50-55 escolares