Terras de Santiago » Melide
Este antigo hospital de peregrinos, fundado por Fernán López e Aldara González no ano 1375, alberga o actual edificio do Museo da Terra de Melide. Datado no ano 1502, como se le na inscrición da fachada, conserva escudos de armas de quen o mandou construír, o conde de Monterrei, don Sancho de Ulloa e Castro.
A día de hoxe trátase dun museo etnográfico e arqueolóxico con interesantes pezas que van desde o Neolítico ata o século XX. Ofrécese tamén a visita guiada ao casco histórico da vila de Melide, presentando dúas opcións: visita diúrna ou nocturna.
Datas: De martes a venres
Horario: De 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas
Duración: en función do tipo de grupo
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: 25 escolares