Situado na parte alta do río Mandeo, o Centro de Interpretación de Teixeiro (Curtis) ten unha dobre función: divulgativa a través do centro de interpretación, no que usando o río como fío conductor ponse en valor o patrimonio cultural e etnográfico de toda a ribeira do río Mandeo e formativa, xa que o centro acolle cursos, talleres e serve como albergue.
O centro conta cunha museografía moderna e interactiva posta ó servizo do visitante que mediante a experimentación e a observación poderá aprender e descubrir moitas cousas por si mesmo.
Esta visita ofrece ao alumnado un achegamento ao patrimonio natural das ribeiras dos nosos ríos e ten unha grande labor de concienciación ambiental, aprendendo así desde idades temperás a importancia da conservación do noso patrimonio natural e paisaxístico.