Con esta actividade teremos a oportunidade de achegar ao alumnado da provincia ao mundo do mar e a pesca a través da preparación dos froitos do mar nas latas de conserva. Para coñecer esta actividade típica da Comarca de Ortegal visitaremos dúas factorías:
En Conservas La Pureza, veremos unha instalación tradicional e con moitos anos de historia; nela veremos o traballo de 25 mulleres consistente en empacar a man o bonito e outros peixes en latas. O procedemento lévase a cabo da mesma forma artesanal que se facía hai moitos anos. E despois visitamos tamén outro sitio relacionado co mundo mariño: A Cetárea da Balandra (no porto de Cariño) para que os nenos e as nenas coñezan de preto os crustáceos (centolas, lumbrigantes, nécoras, camaróns...), tocándoos e vendo onde viven.
Durante a actividade visitaremos ademais algúns dos recunchos desta costa que contan cun gran valor natural, paisaxístico e xeolóxico ou ben o porto de Cedeira e as súas instalacións.
Datas: Baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Catro horas aprox. con saída dende Ferrol. 2 horas aprox. con saída dende Cariño
Guía: Si
Prezo: 3€ por escolar
Nº de prazas: Sobre 50 escolares
Contacto directo con Fertur
Teléfono: 696531070
Correo electrónico: ferturguias@yahoo.es