Doble sesión de debate no Foro dixital da Deputación o luns 18 de maio

O interese do sector está na orixe destes novos encontros que analizarán as novas oportunidades que poidan surxir
venres, 15 Maio, 2020

O luns 18 dúas novas sesións debaterán arredor de "A diversificación do turismo e o reto da desestacionalización, unha oportunidade covid19?".

Inscrición previa mandando nome e apelidos a foroturismocovid19@dacoruna.gal 

Na sesión de mañá trataranse fundamentalmente distintos produtos turísticos, con especial atención a elementos como a gastronomía ou a artesanía:

11:00 h. Presenta Xosé Regueira, deputado de turismo e vicepresidente da Deputación

Modera Pepe Formoso, profesional da comunicación e empresario de Turismo no Camiño de Santiago

11:15-11:20 Beatriz Sotelo, Cociñeira, 

"Como vivir a nova normalidade desde as cociñas"

 

11:20-11:25 Guillermo Campos, Director-fundador de revista decana Hostelería galega-Gastronomía e Turismo (HGg&T)

"Recursos, oferta e outras emocións de proximidade"

 

11:25-11:30 María Mesías, consultora turística en Goodlife Consultores

"Como pode contribuír a crise da COVID-19 a que melloremos a desestacionalización e diversificación da actividade turística?"

 

11:30-11:35 Miguel Angel Rodríguez, Presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (AGALBER)

"Sen albergues non hai camiño"

 

11:35-11:40 Aser Álvarez, Politólogo, xornalista, consultor e xestor cultural

"Cando a crise é unha oportunidade"

 

11:40-11:45 Elena Ferro, artesá zoqueira

“Adaptación da artesanía tras o Covid19”

11:45 ata as 12:30h. Debate e preguntas/aportacións dos asistentes

 

Na sesión de tarde, o debate seguira o seguinte programa:

 

18:00 h. Presenta Xosé Regueira, deputado de turismo e vicepresidente da Deputación

Modera: Pepe Formoso, profesional da comunicación e empresario de Turismo no Camiño de Santiago

18:15-18:20 César Abella, Director de Triviu , estratexias en cultura e turismo

"Retos dos museos e sitios históricos despois do COVID-19"

 

18:20-18:25 Eloi Mancebo,  Secretario da Asociación Olería de Buño

"O futuro da olería"

 

18:25-18:30 Victoriano Castro, Colaborador da revista HGg&T

"Poñamos en valor o noso"

 

18:30-18:35 Mª Dolores Lema, Directora da Mostra do Encaixe de Camariñas

"Encaixe de Camariñas promoción económica e turística tras o Covid 19"

 

18:35-18:40 Manuel Rey, Redactor en Gciencia

"Coñecérmonos mellor: redescubrir A Coruña a través da ciencia"

 

18:40-18:45 Idoia Cuesta, Artesana de cestería contemporánea

“Turismo experiencial artesán”

18:45-19:30 aprox. Debate e preguntas/aportacións dos asistentes