Xornada de conclusións do ForoTurismoCovid19 o xoves 21 de maio

"O futuro do turismo despois da Covid19: avance de conclusións"
martes, 19 Maio, 2020

A xornada servirá para facer un balance dun total de 9  sesións que comenzaron o 27 de abril e  que contaron coa participación de máis de cincuenta especialistas e representantes do sector e que foi coordinado pola área de Turismo da Deputación da Coruña que dirixe o tamén vicepresidente da institución, Xosé Regueira.

O programa será o seguinte:

11:00 h. Xosé Regueira, Vicepresidente e deputado de turismo da Deputación da Coruña

 11:15-11:25 h Carlos Rodríguez, Profesor de turismo da Universidade da Coruña

11:25-11:35 h Juan A. Rivadulla, Presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI)

11:35-11:45h Lanzada Calatayud, Xerente do Consorcio de Turismo da Coruña

11:45-11:55h Fátima Cachafeiro, Presidenta da Asociación de Profesionais de turismo de Galicia (PROTURGA)

11:55-12:05h Ada González, Técnica de turismo do concello de Dumbría

12:05-12:15h Cristina Collazo, Responsable de “Culturoskopio” axencia de márketing turístico e “Volta Montana”, turismo activo

12:15-12:25 Pepe Formoso, profesional da comunicación e empresario de hostelaria

Para ver o foro prema neste enlace