Costa da Morte » Vimianzo
A experiencia transcorre entre o Pazo das Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galicia, cun museo temático sobre a vida nel, e o Castelo de Vimianzo, procedente do século XIII e excelentemente conservado.
Preténdese alcanzar non só unha explicación individual de cada un dos dous fitos patrimoniais senón, tamén, unha visión conxunta do reflexo da pegada do ser humano e os cambios na concepción das formas de vida.