Costa da Morte » Cabana de Bergantiños
Poder tocar o barro, crear coas mans, coñecer que sucede para que o barro pase de ser unha materia prima a converterse nun obxeto… con esta idea xorde a posibilidade de visitar o Eco-Museo Forno do Forte en Buño, capital da olería na provincia.
Un reclamo de imaxinación combinado cunha visita ao Dolme de Dombate, exemplo megalítico das antigas construcións prehistóricas, rodeadas aínda hoxe dun halo de misterio e rito ancestral.
Esta visita permite ao alumnado mergullarse nun oficio tradicional aínda vivo e coñecer unha das múltiples mostras de arte megalítico da provincia.