Eco-museo Forno do Forte

Este museo situado en Malpica de Bergantiños, expón ao público a tecnoloxía e o xeito de vida tradicional dos oleiros (alfareiros) de Buño.
Forno do Forte
Forno do Forte
Patrimonio provincial
Costa da Morte » Malpica de Bergantiños

O Ecomuseo é un conxunto formado por antigas casas de familias alfareiras. Estes conxuntos contaban con vivenda, taller, forno, alpendre e cabazo. 

O obxectivo principal do museo é expoñer ao público a tecnoloxía e a maneira de vida tradicional dos oleiros de Buño. Aquí ofrécese á persoa visitante unha visión da vida tradicional e a oportunidade de vivir a experiencia de traballar nun torno e elaborar unha peza de barro.

Forno do Forte trátase pois, dun dos conxuntos etnográficos máis emblemático da comarca de Bergantiños.

Este conxunto foi rehabilitado para uso museístico no ano 1999 pola Deputación da Coruña.

 

 

HORARIOS DO 1 DE OUTUBRO AO 31 DE DECEMBRO:

  • Visita libre:

De martes a sábado, de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h

Domingos e luns pechado

  • Visita guiada, previa solicitude de cita: Só para grupos (máis de 15 persoas)

 

Teléfono de atención a visitantes: 981 711 520

Coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños.