Casa Wenceslao Fernández Flórez

Esta edificación responde ao racionalismo propio de finais dos anos 40
Villa Florentina
Villa Florentina
Patrimonio provincial
As Mariñas » Cambre

"En el idioma de Castilla, fraga quiere decir breñal, lugar escabroso poblado de maleza y de peñas. Pero tal interpretación os desorientaría, porque fraga, en la lengua gallega, significa bosque inculto, entregado a sí mismo, en el que se mezclan variadas especies de árboles. Si fuese sólo de pinos o sólo de castaños o sólo de robles, sería un bosque, pero ya no sería una fraga.

Cuando un hombre consigue llevar a la fraga un alma atenta, vertida hacia fuera, en estado —aunque transitorio— de novedad, se entera de muchas historias. No hay que hacer otra cosa que mirar y escuchar, con aquella ternura y aquella emoción y aquel afán y aquel miedo de saber que hay en el espíritu de los niños. Entonces se comprende que existe otra alma allí, infinitas almas; que está animado el bosque entero;"

Estancia I 'La fraga de Cecebre'-'El bosque animado' Wenceslao Fernández Florez. 1943

 

'O bosque animado'  impregna de realismo máxico a vida do rural galego da primeira metade do século XX. A través desta obra foron moitas as xeracións que se mergullaron no engaiolante mundo das nosas fragas e descubriron unha morea de relatos, estampas e contos onde a natureza é a protagonista.

Wenceslao Fernández Florez, creador desta obra literaria de carácter universal, foi un escritor galego nado na Coruña no 1885, unha das figuras máis relevantes do xénero costumista caracterizado pola sátira social, publicou máis de corenta novelas e libros de relatos de humor.

A parroquia cambresa de Cecebre converteuse da man deste novelista, nun escenario máxico que varios autores relacionan co fantástico Macondo de García Márquez. Neste lugar atópase a chamada Villa Florentina, casa onde viviu o escritor e que a día de hoxe da acubillo á Fundación que leva o nome do novelista.

Trátase dunha edificación do arquitecto Antonio Tenreiro, que responde ao racionalismo propio de finais dos anos 40. Actualmente, mantendo a estrutura da vivenda e o mobiliario orixinal, a Casa-Museo alberga unha ampla colección de pinturas, fotografías, fondos bibliográficos e obxectos persoais do escritor.

Ademais do uso museístico, Villa Florentina ofrece diversas actividades culturais organizadas pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez, así como rutas literarias que dan a oportunidade de visitar distintos contornos da máxica Fraga de Cecebre.

 

HORARIO:

Sábados, domingos e festivos: pola mañá, de 12:00h a 14:00h e pola tarde de 17:00h a 20:00h.

Visitas guiadas individuais ou en grupos (máx. 15 persoas por grupo). Existe a posibilidade de adaptar o horario a grupos durante os días de semana. Duración aproximada da visita: 30-45 min. Entrada: 1€ por persoa, agás nenos e xubilados.

 

Máis información

Dirección: Villa Florentina. Apeadeiro, 14 Cecebre 15650 Cambre (A Coruña)

Teléfono/Fax: 981 676 052 

Correo electrónico: fundawenceslaoff@gmail.com

Web da Fundación Wenceslao Fernández Flórez

Web do Concello de Cambre

 

INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS:

  • A entrada aos recintos deberá realizarse con máscara, que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
  • Deberán gardarse as normas de distanciamento e respectar o aforo máximo indicado para o recinto. 
  • Empregarán xel hidroalcohólico que estará a súa disposición. 

Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto. 

Información adicional: Servicio de Patrimonio de Contratación. Tlf: 981 080 314 / 981 080 300

http://www.dacoruna.gal/patrimonio/.