O monumento megalítico denominado “Dolmen de Axeitos” entraría de cheo dentro do tipo de xacementos denominados cámaras poligonais con corredor intratumular.
Aínda que Axeitos non foi, polo momento, obxecto de excavacións arqueolóxicas, os resultados obtidos noutros xacementos de características moi semellantes, como Dombate (Cabana de Bergantiños) ou Forno dos Mouros (Toques), permiten reconstruír, aínda que de xeito provisional e achegado, o seu rexistro arqueográfico.
De modo sucinto, o monumento megalítico de Axeitos está constituído por un túmulo de preto de 30 m de diámetro (actualmente moi desfigurado), seguramente recuberto por unha coiraza pétrea, que acolle no seu interior unha complexa estructura arquitectónica conformada por cámara poligonal e, según tódo os indicios, corredor intratumular orientado ó SE e diferenciado en planta e altura. Cabe supoñer a máis que probable existencia nesa mesma zona dun sistema de acceso tipo adro.
Esta xoia megalítica convértese pois, nunha parada obrigada na visita da Comarca do Barbanza.
HORARIO DE VISITA:
Visita libre.
Teléfono de atención a visitantes: 981 080 300 / 981 080 366
INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS:
- A entrada aos recintos deberá realizarse con máscara, que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
- Deberán gardarse as normas de distanciamento e respectar o aforo máximo indicado para o recinto.
- Empregarán xel hidroalcohólico que estará a súa disposición.
Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto.
Información adicional: Servicio de Patrimonio de Contratación. Tlf: 981 080 314 / 981 080 300
http://www.dacoruna.gal/patrimonio/