Os batáns do Mosquetín é un conxunto de arquitectura civil composto por tres batáns e seis muíños.
Situados no Concello de Vimianzo ao carón do Río Grande, conforman unha mostra etnográfica ao redor do aproveitamento da auga para a industria artesanal.
Os batáns, usados para abatanar os tecidos, normalmente as pezas de liño e la, son edificacións típicas dos séculos XVIII e XIX que hoxe en día non son doadas de atopar nos nosos ríos.
Os muíños, edificacións tradicionais para moer o gran, foron de grande importancia nas economías locais e abundan ao longo da xeografía galega.
Este conxunto de arquitectura etnográfica foi rehabilitado pola Deputación da Coruña no ano 1997 converténdose nun centro de interpretación aberto a calquera persoa que o queira visitar.
HORARIO:
Reapertura a partir do 29 de maio de 2020
Aberto todos os días de 11:00 a 20:00
VISITAS GUIADAS:
Teléfono de atención a visitantes (de luns a venres): 981 716 001 (ext. 1235)
Coa colaboración do Concello de Vimianzo
INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS:
- A entrada aos recintos deberá realizarse con máscara, que deberá levar cada persoa posta, excepto menores de 6 anos.
- Deberán gardarse as normas de distanciamento e respectar o aforo máximo indicado para o recinto.
- Empregarán xel hidroalcohólico que estará a súa disposición.
Os servizos de atención a visitantes ofrecidos pola Deputación da Coruña teñen carácter gratuíto.
Información adicional: Servicio de Patrimonio de Contratación. Tlf: 981 080 314 / 981 080 300