Noite das Pepitas

Na noite do próximo luns, 18 de marzo, celebrarase na cidade de Ferrol a Noite das Pepitas deste ano 2019
Ferrolterra e Eume » Ferrol
18 Marzo
17:00

 A Noite das Pepitas, Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase a noite do luns, 18 de marzo. Dende 1903, a véspera do festivo de San Xosé reúnense as rondallas de Ferrol: bandas de instrumentos de corda ataviadas con traxes similares aos dos tunos, que percorren as rúas da cidade cantando os encantos da muller ferrolá.

A programación do evento é a seguinte:

 17.00 horas.- Acto institucional no Teatro Jofre
 Homenaxes con motivo da Noite das Pepitas, actuacións musicais e intervencións oficiais dos organizadores e participantes do evento.

18.00 horas.- Rondas polas rúas
Saídas das Rondallas dende o Teatro Jofre, ao remate do acto, cantando polos percorridos establecidos polas rúas do centro da cidade.

20.00 horas.- Festival da Noite das Pepitas na Praza de Amboaxe.
Actuación musical conxunta das rondallas participantes ata as 23.00h.

Galego