Ulla-Tambre-Mandeo
Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro e Vilasantar son os municipios que compoñen este xeodestino, cuna dos ríos Tambre e Mandeo mais atravesado tamén polo Ulla. Natureza, patrimonio e gastronomía a partes iguais no interior da nosa provincia. Non podemos esquecer a importancia que ten neste territorio o Camiño de Santiago; é atravesado polo Camiño Francés ao seu paso por Melide, Arzúa e O Pino, continúa o Camiño Primitivo tras pasar por Toques, seguidamente o Camiño do Norte xúntase cos anteriores para non perder as delicias do queixo Arzúa-Ulloa.
Esa realidade percíbese coas espectaculares imaxes que deparan o río Tambre en toda a súa extensión, os ríos Mendo e Mandeo desde o seu nacemento
Dolmen de Forno dos Mouros e Castro da Graña (Toques)
INDISPENSABLES
Forno dos Mouros: o chamado 'Forno dos Mouros' é un dolmen datado do 3.000 antes da era actual. Está situado no lugar da Muruxosa no Concello de Toques. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011 e é un destino a non perder para toda persoa interesada na arte megalítica.
Melindres de Melide: estas pequenas roscas, produto tipicamente galego, acada a súa excelencia nesta vila do Camiño de Santiago, onde se celebra cada ano a Festa do Melindre e da Repostería tradicional da Terra de Melide.
Queixo de Arzúa: o queixo con D.O.P. Arzúa-Ulloa é o que máis se produce e consume en Galicia. Os concellos da Área xeográfica da D.O.P. da provincia da Coruña son Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Curtis, Vilasantar, Melide, Santiso, Sobrado, Toques, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Boqueixón e Vedra.
Actualmente non hai contido clasificado con este termo.