Festas gastronómicas
![]() |
Feira do Queixo As Mariñas » Abegondo Desde o ano 2.000, vense celebrando no Concello de Abegondo a Feira do Queixo, onde se dan cita os mellores produtores locais de queixos artesáns.
|
![]() |
Festa da Filloa Costa da Morte » Zas A Festa da Filloa en Zas lévase a cabo no polideportivo deste concello no mes de marzo
|
![]() |
Xornadas Gastronómicas Padrón Sabor a Lamprea Terras de Santiago » Padrón As Xornadas Gastronómicas 'Padrón Sabor a Lamprea' enchen esta vila de numorosas actividades durante o mes de marzo
|
![]() |
Feira do Grelo Ferrolterra e Eume » Monfero A Feira do Grelo no Val do Xestoso, no concello de Monfero, celébrase cada ano o domingo anterior ao entroido.
|
![]() |
Festa do Polbo Ferrolterra e Eume » Ortigueira A Festa do Polbo en Espasante celébrase na praia de San Antonio no mes de marzo
|
![]() |
Feira do Grelo Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez A Feira do Grelo nas Pontes foi a primeira que se adicou en Galicia a este produto.
|
![]() |
Festa da Filloa As Mariñas » Sada A Festa da Filloa de Sada acolle o martes de entroido unha xornada adicada a este postre típico destas datas
|
![]() |
Festa da Uña de San Lázaro Terras de Santiago » Santiago de Compostela A Festa da Uña de San Lázaro é unha das festas relixiosas e gastronómicas máis tradicionais deste barrio compostelán.
|
![]() |
Festa do Queixo Terras de Santiago » Arzúa A festa do Queixo de Arzúa, celebrada desde o ano 1.976, é sen dúbida, unha das festas gastronómicas de referencia da provincia da Coruña
|
![]() |
Feira-Festa da Filloa da Pedra da Baña Terras de Santiago » A Baña A Feira-Festa da Filloa da Pedra celébrase na localidade da Baña no mes de marzo desde o ano 2004.
|
![]() |
Festa do Bolo do Pote Costa da Morte » Mazaricos O bolo feito con fariña de millo e recheo de cocido, pódese degustar na Picota a primeira fin de semana de marzo desde o ano 1999
|
![]() |
Festa do Lacón con Grelos Terras de Santiago » Ordes A Festa do Lacón con Grelos en Ordes, vénse celebrando desde o ano 1999 e acolle numerosas actividades
|
![]() |
Festa da Orella As Mariñas » Bergondo Festa da Orella lévase a cabo en Cruz de Sar en Bergondo desde o ano 1996
|
![]() |
Festa da Filloa de Lestedo Terras de Santiago » Boqueixón A festa da filloa de Lestedo converteuse nunha festa gastronómica de referencia da comarca
|
![]() |
Festa da Merenda Terras de Santiago » Frades A Festa da merenda en Aiazo, Frades acada cada ano un maior número de visitantes
|
![]() |
Festa do Roscón de Lañas As Mariñas » Arteixo A Festa do Roscón de Lañas é organizada pola Asociación de veciños e veciñas desta parroquia do Concello de Arteixo
|
![]() |
Festa do Congro Costa da Morte » Muxía A Festa do Congro é a exaltación do produto máis típico de Muxía.
|
![]() |
Festa do Champiñón Terras de Santiago » Ordes A Festa do Champiñón de Ordes lévase a cabo dentro da Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola Expo Ordes.
|
![]() |
Festa da Empanada Terras de Santiago » Val do Dubra O Campo da Feira de Bembibre acolle esta festa para recibir a primavera
|
![]() |
Degustación de Vaca Cachena Terras de Santiago » Val do Dubra A degustación de Vaca Cachena en Bembibre, dá a oportunidade de catar unhas das carnes mellor valoradas nas cociñas do noso país
|
![]() |
Exaltación do Viño Ulla Terras de Santiago » Vedra A exaltación do Viño da Ulla en San Miguel de Sarandón no concello de Vedra, é unha festa de referencia na comarca
|
![]() |
Festa das Carrilleiras de Lamas Ferrolterra e Eume » San Sadurniño A Festa das Carrilleiras de Lamas en San sadurniño celébrase o último domingo de maio
|
![]() |
Festa do Picantón de Rarís Terras de Santiago » Teo A festa do Picantón, celébrase cada ano na parroquia de Rarís, no Concello de Teo, durante o mes de maio.
|
![]() |
Festa do Rixón Terras de Santiago » Tordoia A Festa do Rixón no lugar de Pontepedra en Tordoia, conmemora a San Isidro Labrador
|
![]() |
Festa do Carneiro ao espeto Terras de Santiago » Vedra A Festa do Carneiro ao espeto en Vedra está organizada polo movemento asociativo do concello
|
![]() |
Festa da Orella Terras de Santiago » Vedra A festa da Orella en San Fins de Sales, en Vedra, rende homenaxe tanto á orella do porco como ao tradicional postre
|
![]() |
Festa do Carneiro ao espeto As Mariñas » Aranga Esta festa, organizada pola Asociación de veciños e veciñas, reúne cada ano en Feás (Aranga) a un numeroso público para degustar o carneiro ao espeto
|
![]() |
Festa do porco á brasa Terras de Santiago » Vedra A festa do Porco á Brasa, celébrase no mes de maio, no local multiusos da parroquia de Trobe, no concello de Vedra.
|
![]() |
Festa do Pan As Mariñas » Carral Carral é recoñecido pola excepcional calidade do seu pan, por isto cada ano, esta localidade festexa a súa tradicional Festa do Pan
|
![]() |
Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide Terras de Santiago » Melide Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide
|
![]() |
Festa da Troita Terras de Santiago » Oroso A Festa da Troita de Sigüeiro acolle tamén un campionato de pesca sen morte para todo tipo de pescadores
|
![]() |
Festa da Tortilla Grande de Carcacía Terras de Santiago » Padrón A orixinal festa da Tortilla Xigante de Carcacía en Padrón, vénse celebrando desde o ano 1987
|
![]() |
Festa da Xiba As Mariñas » Sada Os locais participantes elaborarán tapas que repartirán de maneira gratuíta durante o fin de semana que dura a festa gastronómica.
|
![]() |
Festa do Carneiro Ría de Muros e Noia » Lousame A Festa do Carneiro en San Roquiño en Tállara, Lousame, recuperou unha tradicional receita de cociña
|
![]() |
Festa da Cachena Ría de Muros e Noia » Muros A Comunidade de Montes Santa Mariña de Esteiro ofrece cada ano unha festa para degustar a carne de vaca cachena.
|
![]() |
Festa do Viño Xuviño Ferrolterra e Eume » Narón No Xuviño Gastronómico participan medio centenar das adegas máis representativas do país.
|
![]() |
Festa do Raxo Costa da Morte » Ponteceso Durante esta Festa, a comisión reparte centos de racións desta saborosa carne
|
![]() |
Festa da Tortilla Ferrolterra e Eume » Vilarmaior A Festa da Tortilla de Doroña en Vilarmaior, ofrece ademais da degustación típica das festas gastronómicas unha ruta de sendeirismo para coñecer a contorna
|
![]() |
Festa do Polo Pedrosiano As Mariñas » Culleredo Dentro deste evento lévase a cabo unha pequena ruta pola contorna de Orro, seguida da degustación do "Polo Pedrosiano"
|
![]() |
Feira das Cereixas Costa da Morte » A Laracha O comercio, a gastronomía e os actos lúdico-festivos combínanse durante a primeira fin de semana do mes de xullo nesta feira gastronómica da parroquia de Lestón, en Laracha.
|
![]() |
Festa do Polbo Ferrolterra e Eume » Mugardos A Festa do Polbo de Mugardos foi declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia
|
![]() |
Festa da Ameixa e do Mexillón Ferrolterra e Eume » Narón A Festa da ameixa e do mexillón en San Mateo organízase cada año desde a asociación de veciños e veciñas coa colaboración do concello de Narón.
|
![]() |
Exaltación do Marisco da Ría Ferrolterra e Eume » Narón A colaboración entre o Concello de Narón e a Asociación de Veciños e Veciñas Altea de Xuvia fan posible a organización desta xornada para promocionar os produtos da ría de Ferrol
|
![]() |
Festa do Pemento do Couto Ferrolterra e Eume » Narón O Pemento do Couto, unha variedade autóctona de pemento moi semellante ao pemento de Padrón, é o protagonista desta festa gastronómica do Concello de Narón
|
![]() |
Mostra do Branco Lexítimo As Mariñas » Paderne A Mostra do Branco Lexítimo de Paderne ten o propósito de dar a coñecer a actividade bodegueira da comarca
|
![]() |
Festa do Percebe do Roncudo Costa da Morte » Ponteceso Na Festa do Percebe do Roncudo de Corme, de fama e repercusión nacional e internacional, os lugareños e turistas mestúranse para saborear este manxar.
|
![]() |
Festa da Xouba Barbanza-Arousa » Rianxo A Festa da Xouba en Rianxo celébrase nas datas próximas á festividade de Santiago Apóstolo do 25 de xullo.
|
![]() |
Festa do Percebe Barbanza-Arousa » Ribeira Desde 1997, tódolos anos se vén celebrando en Aguiño unha das festas gastronómicas máis apetecibles do Barbanza, organizada pola Confraría de Pescadores de Aguiño
|
![]() |
Festa do Escalo Terras de Santiago » Trazo A Festa do Escalo de Chaián vense celebrando desde hai máis de 40 anos, e inclúe o xa tradicional concurso de pesca de ciprínidos
|
![]() |
Festa do Chourizo ao Viño Terras de Santiago » Ames A Festa do Chourizo ao Viño en Ortoño, Ames ofrece unha degustación de chourizos ao viño con cachelos amenizada por actuacións musicais
|
![]() |
Festa do Escalo Terras de Santiago » Vedra A Festa do Escalo de Vedra lévase a cabo ao carón do río Ulla, na área de recreo de Agronovo
|
![]() |
Festa da Xiba Ferrolterra e Eume » Ares O Concello de Ares en colaboración coa Deputación da Coruña celebra cada ano a Festa da Xiba.
|
![]() |
Festa da Faguía ou dos Callos de Carnés Costa da Morte » Vimianzo A Festa da Faguía ou dos Callos ten a súa orixe na fundación da Confraría de San Cristovo de Carnés no ano 1608
|
![]() |
Festa do Percebe Ferrolterra e Eume » Cedeira Cada ano o Concello e a Confraría de Pescadores de Cedeira colaboran na organización dun programa que se converte nunha das principais referencias gastronómicas do verán.
|
![]() |
Festa Gastronómica do Cochiño Terras de Santiago » Cerceda A Festa Gastronómica do Cochiño en Cerceda, celébrase cada ano o último sábado de xullo.
|
![]() |
Festa das Cereixas As Mariñas » Culleredo A Festa das Cereixas en Culleredo celébrase cada ano cunha variada programación.
|
![]() |
Festa do Requeixo Ferrolterra e Eume » A Capela A Festa do Requeixo nas Neves celébrase o último domingo de agosto e ten acadada moita sona en toda a comarca
|
![]() |
Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar Terras de Santiago » O Pino A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, que se celebra anualmente o primeiro fin de semana de agosto no lugar de Pedrouzo- Arca, vense realizando desde o ano 1999.
|
![]() |
Festa do Berberecho Costa da Morte » Carballo A Festa do Berberecho de Carballo celébrase en Imede na penúltima semana de agosto
|
![]() |
Exaltación do Polbo Ría de Muros e Noia » Porto do Son Na exaltación do Polbo en Porto do Son poderase degustar a receita tradicional deste cefalópodo
|
![]() |
Festa do Cachelo Costa da Morte » Carballo A Festa do Cachelo de Oza organizada pola asociación de veciños e veciñas do lugar ofrece as patacas coa pela acompañadas de churrasco e sardiñas
|
![]() |
Festa do Mexillón Barbanza-Arousa » Rianxo A primeiros de agosto celébrase a festa gastronómica con diversas actividades arredor dun dos produtos estrela da vila de Rianxo.
|
![]() |
Festa do Mexillón Costa da Morte » Carballo A Festa do Mexillón de Carballo celébrase cada mes de agosto na contorna privilexiada de Santa Irene de Castrillón, en Lema.
|
![]() |
Festa da Solla Barbanza-Arousa » Rianxo A Festa da Solla de Rianxo, celébrase cada ano na parroquia de Leiro para degustar este peixe singular
|
![]() |
Festa do Pichorro Costa da Morte » Carballo A Festa do Pichorro de Cances, dá a oportunidade de degustar este produto que dá nome á espiga de millo cando aínda é tenra e noviña
|
![]() |
Festa da Navalla Barbanza-Arousa » Ribeira A zona portuaria acolle en agosto a Festa da Navalla, en Aguiño, no Concello de Ribeira
|
![]() |
Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada Ferrolterra e Eume » Cariño Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada, de Cariño lévase a cabo cada ano na Praza Roxa do concello
|
![]() |
Festa do Polbo Barbanza-Arousa » Ribeira A Festa do Polbo de Palmeira celébrase a última fin de semana de agosto, nesta parroquia de Ribeira
|
![]() |
Festa da Cachelada de Mallou Costa da Morte » Carnota A AVV Mallou-Maceiras do Concello de Carnota organiza cada ano a Romería da Cachelada cun programa completo con actividades variadas.
|
![]() |
Feira da Troita As Mariñas » Sobrado Desde o ano 2000 celébrase en Sobrado o 2º ou 3º fin de semana de agosto a "Feira da Troita", unha festa gastronómica que exalta este alimento
|
![]() |
Festa Gastronómica do Longueirón Costa da Morte » Fisterra Durante a primeira fin de semana de Agosto, Fisterra acolle a festa gastronómica do Longueirón
|
![]() |
Festa do Percebe de Meirás Ferrolterra e Eume » Valdoviño Aproveitando a calidade da súa despensa, a parroquia de Meirás, en Valdoviño, celebra no verán a Festa do Percebe.
|
![]() |
Feira da Cebola Chata de Miño As Mariñas » Miño A Feira da cebola chata de Miño, ten como obxectivo principal a posta en valor deste produto local moi valorado no mercado galego.
|
![]() |
Festa do Chourizo Terras de Santiago » Vedra A Festa do Chourizo, en Vedra celébrase cada ano na área recreativa de Cubelas na parroquia de Sarandón
|
![]() |
Festa dos Callos Ferrolterra e Eume » Mugardos A asociación de veciños e a asociación cultural e recreativa de San Xoán de Piñeiro, en Mugardos, celebra cada ano a súa Festa dos Callos
|
![]() |
Festa de San Roque Ría de Muros e Noia » Muros A Festa de San Roque da a coñecer os productos do mar mediante a degustación de mexillóns, navallas e outros mariscos elaborados.
|
![]() |
Festa do Porco ao espeto Ferrolterra e Eume » Narón A Asociación de Veciños e Veciñas Virxe da O de Pedroso e o Concello de Narón organizan cada ano a Festa do Porco ao espeto, en Pedroso
|
![]() |
Festa da Empanada Ría de Muros e Noia » Noia A Festa da Empanada, en Noia inclúe tamén un concurso de empanadas no que participan profesionais e particulares.
|
![]() |
Festa do Mexillón As Mariñas » Oleiros A Festa do Mexillón, lévase a cabo no Porto de Lorbé, localidade coñecida pola produción de mexillóns nas Rías Altas
|
![]() |
Festa do Mexillón As Mariñas » Oza - Cesuras Dentro das Festas da Cofradía na parroquia de Cines se celébrase cada ano unha xornada de exaltación do mexillón, en Oza-Cesuras.
|
![]() |
Festa do Percebe de Lubre Ferrolterra e Eume » Ares A parroquia aresá de Lubre celebra cada ano a súa festa do percebe
|
![]() |
Festa dos Rixóns quentes con Filloas As Mariñas » Oza - Cesuras Dentro da festividade relixiosa en honra a San Vicente, lévase a cabo a Festa dos Rixóns quentes con Filloas, na parroquia de Carres, en Oza-Cesuras
|
![]() |
Exaltación do Mexillón Barbanza-Arousa » Boiro A festa de exaltación do Mexillón de Boiro ofrece ademais da degustación gastronómica unha serie de actividades pedagóxicas ao redor deste produto típico
|
![]() |
Festa do Pemento de Herbón Terras de Santiago » Padrón O primeiro sábado de agosto celébrase a Festa do Pemento de Herbón, declarada de interese turístico na provincia da Coruña.
|
![]() |
Mexillonada Costa da Morte » Cabana de Bergantiños A Mexillonada de Canduas, en Cabana de Bergantiños, marca o comezo das festas de verán da localidade.
|
![]() |
Festa da Pataca Costa da Morte » Coristanco A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1981, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico.
|
![]() |
Festa do Porco ao espeto Costa da Morte » Cabana de Bergantiños A Festa do Porco ao espeto, en Cabana de Bergantiños celébrase dentro das Festas de San Ramón na parroquia do Esto.
|
![]() |
Festa da Empanada As Mariñas » Carral A empanada é, xunto con pan, outro produto estrela da gastronomía de Carral. Esta vila coruñesa festexa a Festa da Empanada de Carral cada mes de setembro.
|
![]() |
Festa do cogomelo As Mariñas » Curtis A Festa do cogomelo celébrase en Teixido o último fin de semana de outubro.
|
![]() |
Semana da tortilla As Mariñas » Betanzos A tortilla de Betanzos vén a ser o prato estrela da gastronomía betanceira desde o 2007
|
![]() |
Festa da Fabada Costa da Morte » A Laracha A Festa da Fabada, que organiza a asociación cultural Queiroga levarase a cabo cada ano na localidade de Paiosaco (A Laracha).
|
![]() |
Feira do Mel e produtos ecolóxicos Ferrolterra e Eume » Narón Esta feira celébrase a segunda fin de semana de outubro no Recinto Feiral do Trece de Narón
|
![]() |
Feira-Festa das Fabas Costa da Morte » Ponteceso A Feira-Festa das Fabas, en Ponteceso é un dos encontros gastronómicos máis relevantes da comarca.
|
![]() |
Feira do Queixo e Mel Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez No mes de outubro a parroquia pontesa de Goente celebra a Feira do Queixo e do Mel, unha festa de exaltación de dous dos produtos máis populares da gastronomía local
|
![]() |
Cervefeira Artesá As Mariñas » Sada Máis de 30 tipos de cervexa poderanse degustar na Cervefeira Artesá de Sada
|
![]() |
Festa do Mel As Mariñas » Oleiros A Festa do Mel, en Oleiros celébrase no mercado municipal de Perillo a comezos de novembro.
|
![]() |
Feira do Mel Ferrolterra e Eume » Ortigueira A Feira do Mel de Ortigueira ofrece palestras abertas sobre a apicultura e mercado e actividades lúdicas.
|
![]() |
Feira dos Fungos e Cogomelos Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez O Concello das Pontes acolle no mes de novembro a súa tradicional “Feira de Fungos e Cogomelos” cun amplo programa de actividades
|
![]() |
Feira Exaltación de Produtos da Zona Terras de Santiago » Toques A Feira Exaltación de Produtos da Zona, en Toques, ten como obxectivo a promoción dos productos autóctonos.
|
![]() |
Festa da Nabiza e do Queixo As Mariñas » Curtis A Festa da Nabiza e do Queixo, en Curtis ten lugar a principios de decembro no recinto feiral de Curtis.
|
![]() |
Festa do Marisco Ferrolterra e Eume » Mañón A localidade coruñesa do Barqueiro (Mañón) celebra en decembro, a súa consolidada Festa do Marisco
|