Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, que se celebra anualmente o primeiro fin de semana de agosto no lugar de Pedrouzo- Arca, vense realizando desde o ano 1999.
Agosto
1º fin de semana
Terras de Santiago » O Pino
Festas gastronómicas
Arca / O Pedrouzo
Produto: 
Galo
Ano primeira edición: 
1999
FITG: 
Si

A 'Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar' nace como un evento de exaltación da gastronomía e cultura galega. O propósito desta festa é pór en valor e tratar de recuperar a especie do Galo Piñeiro con raíces na época celta. Ademais realízase unha mostra cabalar, cada vez máis exitosa, na que participan as mellores eguas e cabalos de pura raza galega e foránea. O programa anual de actos, comenza coa apertura da feira e venta de animales vivos de galos e galinas de raza piñeira, que se complementa cun concurso, no que se condecoran cun galardón aos mellores exemplares desta raza, despois de que un xurado profesional os califique. Os premios distribúense en distintas categorías: mellor parella de galo de corral de raza piñeira, mellor galina de corral de raza piñeira e mellor galo de corral.

Pola tarde, ten lugar a Mostra Cabalar, na que se levan a cabo diferentes exhibiciones de eguas e cabalos do país, así como as eguas e cabalos cruzados.Tamén participan poldros e poldras, cabalos e eguas de pura cepa española de diferentes idades, que compiten polo galardón ao mellor exemplar. Todos os anos se entrega un premio especial 'Faísca' ao mellor produto P.R.E. (Pura Raza Española) nacido e criado en Galicia. O broche final desta mostra, ten lugar coa actuación de diferentes carruseles e espectáculos ecuestres, exhibiciones de doma de alta escola, entre outros.

Cada ano, a Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, consolídase como o principal evento popular do concello do Pino, dado o seu significado lúdico, festivo, cultural, deportivo e gastronómico.

 

FEIRA CELTA

Desde o ano 2009, celébrase a Feira Celta, que é unha das atraccións desta festa que cada ano levanta máis interese entre as persoas asistentes. Nela numerosos veciños/as participan vistíndose de época e participando activamente no evento.