Non perdas ningunha festa este verán!

Contido recente

Este verán percorre a nosa provincia a través das súas festas
xoves, 6 Xullo, 2023

A chegada do verán non trouxo consigo só o aumento das temperaturas e días máis longos, significa tamén a chegada dunha tempada chea de festas gastronómicas, romarías tradicionais, feiras medievais, verbenas...

Dende a Deputación da Coruña non queremos que perdas ningunha festa e aproveites para coñecer tódolos concellos da provinicia pois dende o máis pequeno ao máis grande conta coas súas festas e por iso compartimos unha listaxe dalgunhas delas: 

XULLO

O verán arranca forte con dúas festas gastronómicas cheas de música e bo ambiente: achegate o sábado 8 a Corme a disfrutar da Festa do Percebe do Roncudo ou a Mugardos coa súa Festa do Polbo

O domingo 9 comeza o Festival Internacional Mundo Celta de Ortigueira, declarada de interse turístico internacional, unha semana chea de concertos de balde de grupos de música folk de ambito internacional, ata o día 16.  Ademais conta con actividades paralelas como obradoiros, cursos, exposicións, pasarúas e unha feira de artesanía. 

Esa mesma semana teñen lugar as festas da Virxe do Carme, patroa das xentes do mar, polo que celebrase en numerosos pobos e localidades galegas. Recomendamosche as de Camariñas ou Rianxo, aínda que tamén celebrase en Aguiño, As Pontes, Arzúa...

É  ademáis un bo momento para percorrer a zona das Rías Baixas Coruñesas coa a celebración do Grand Prix de Carrilanas de Esteiro e o seu festival musical entre o día 14 e o 16. Unha vez terminada esta comeza a Festa da Dorna en Ribeira entre os días 17 e 24. 

Se hay unha data importante en Galicia é o día 25 de xullo, día de Galicia e do Apóstolo Santiago. Ademáis da propia Cidade de Santiago de Compostela, moitas vilas e aldeas celebran entorno a esa data as Festas do Apóstolo: O Burgo, As Somozas, Arteixo, Vilasantar, Sísamo...

Mentras tanto As Pontes celebra a súa Romaría da Fraga na Carballeira de Dona Rita, dúas xornadas nas que disfrutar do ambiente festivo no que o viño e o barro son protagonistas ano tras ano.

Por último se eres amante das viaxes no tempo, podes viaxar ao pasado castrexo con Galaicoi en Cambre (días 14 a 16) ou na OENACH de Narón o dia 29; para ir á época medieval Betanzos (Feira Franca do 7 ao 9) e Noia (do 14 ao 16) son as mellores opcións; en cambio se queres coñecer mellor o modernismo e o estilo de vida de inicios do século XX visita Sada coa súa Feira Modernista os días 28, 29 e 30. 

Máis información de agosto e setembro proximamente.