Situado nun montículo rochoso entre os ríos Eume e Sesín, na Fraga do Eume, de incomparable beleza, érguese este mosteiro que sufriu numerosas intervencións ao longo da súa historia. As súas orixes remóntanse ó seculo X en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar. A historia de Caaveiro vencéllase a S. Rosendo e pertenceu á orde de S. Bieito e posteriormente foi mosteiro de coengos regulares de S. Agustín.
Trátase dun conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas: Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario, etc.
A Deputación da Coruña e os Concellos onde se sitúan as Fragas do Eume e o Parque Natural están a realizar diversas actuacións para a posta en valor deste Parque Natural, onde se atopa situado o Mosteiro de Caaveiro. Neste sentido, a Deputación, en colaboración cos Concellos e a Xunta de Galicia (Servizo de Conservación da Natureza), quere facilitar o acceso ás Fragas e ao Mosteiro e ofrecer diversas alternativas ao visitante, ademais da entrada a través do portal do Parque Natural por Pontedeume, especialmente a aquelas persoas visitantes que realizan pequenas rutas de sendeirismo polo interior do Parque Natural. Estas rutas tamén poñen en valor o Portal da Capela (construído e financiado con fondos da Deputación Provincial), xa que este acceso ofrece unhas posibilidades turísticas magníficas e potencia unha zona de grandes valores paisaxísticos e ambientais de carácter natural e etnográfico
VERÁN: Aberto todos os días da semana
Horarios:
Visitas libres:
XULLO, AGOSTO: de 10:30 a 21:00h
SETEMBRO: de 10:30 a 20:00 h
Visitas guiadas:
dende xullo ata o 22 de setembro, todos os días da semana incluídos domingos e festivos, en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Teléfono visitas guiadas:
604 926 357 / 981 080 585 / 981 080 300
*Ata o 13 de setembro non é posible acceder con vehículos ata o Mosteiro de Caaveiro, e tampouco haberá servizo de transporte. Poderá accederse camiñando ou en bicicleta.
Máis información en: https://www.dacoruna.gal/patrimonio/mosterio-caaveiro/